viernes, 11 de febrero de 2022

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2022 PARA PROXECTOS DE BIOMASA, DESTINADAS A PARTICULARES

BENEFICIARIOS:

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.

b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

 PERIODO ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Coa finalidade de fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2022.

INTENSIDADE E CUANTÍA DA AXUDA

- A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no artigo 5 das bases da convocatoria.

- A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación.

- A contía máxima por proxecto será de 60.000 €.

 

PRAZO SOLICITUDE: Iniciase o 02 de marzo de 2022, ás 9:00 horas, ata o 01/07/2022 ou ata o esgotamento do crédito. As axudas concédense por orde de entrada

 

DONDE SOLICITAR: Entidades adherida a este programa

 

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:  http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2022/ficha_renovables2022_0002.html


No hay comentarios: