martes, 15 de febrero de 2022

Oferta de emprego: dous peóns de mantemento de zonas naturais. Programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo de hoxe día 16/02/2022 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 17 de febreiro de 2022 ata o día 28 de febreiro de 2022 (por ser inhábil o décimo día de prazo, o 26 de febreiro, para ó seguinte día hábil).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (para ver tódalas publicacións pinchar no + que aparece á dereita do taboleiro de anuncios)

No hay comentarios: