Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 09 de marzo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é desde o día 15 de febreiro ata o 24 de febreiro de 2022 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 25 de febreiro de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (no apartado de taboleiro de anuncios, pinchar no símbolo + para ver tódalas publicacións)
No hay comentarios:
Publicar un comentario