lunes, 21 de febrero de 2022

Axudas da Consellería de Emprego e igualdade a empresas de nova creación

 A finalidade deste programa, dirixido as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Tipos de axuda .

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.


Prazo de solicitude: con carácter xeral ata o 31/07/2022 ou o esgotamento do crédito. As solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada e expediente completo

 

Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220221/AnuncioG0599-040222-0002_es.html

No hay comentarios: