martes, 22 de febrero de 2022

Programa para empresas que queiran acoller estudantes en prácticas

Programa de Prácticas para estudantes de grao e máster CAMPUS RURAL DO MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXIA E O RETO DEMOGRÁFICO xunto coa CRUE UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, programa ao que está adherida a UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC). Este programa diríxese a:

*   Concellos de menos de 5.000 habitantes.
  *   Empresas privadas que estean ubicadas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Mediante este programa, tanto concellos como empresas terán a oportunidade de acoller estudantes en prácticas de grao ou máster de todas as titulacións da UDC sen custo algún, posto que os gastos corren a cargo do nomeado Ministerio e da UDC.

Esperamos que este programa sexa de interese para o concello e empresas do seu territorio para as cales solicitamos a súa colaboración na difusión deste programa. Tanto os concellos coma empresas interesadas cómpre que se inscriban antes do 3 de marzo empregando o seguinte formulario:

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WGzsH193uEO9MiMxnfcz-rYtUOTlTM1VKVFNaV1VJQkRITVBDRjUwWlMwWiQlQCN0PWcu

 Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con: emprego.vepem@udc.es


No hay comentarios: