RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de
subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos
turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e
se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento
TU503A).
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións
as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de
aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases
e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística
no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en
adiante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con
base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Obxecto e réxime
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen
por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de
Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos
establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade
Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as
que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de
turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues
turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) As empresas de restauración que se enmarquen
dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
2. Consideraranse actuacións subvencionables todas
aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022.
Prazo de presentación de solicitudes: do 08/02/2022 ao 07/03/2022.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A
No hay comentarios:
Publicar un comentario