Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase mañá día 22 de febreiro e remata o 03 de marzo de 2022 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 7 de marzo de 2022, a partir das 13:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte nlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario