martes, 24 de enero de 2023

PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023 (código de procedemento IN417Z).

Persoas Beneficiarias: as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as do Sector servizos-sección CNAE indicadas na resolución

Obxecto: realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado da resolución.

Importe: o 80 % do custo elixible da actuación; establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.

Custos subvencionables

a) Os custos de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes tipoloxías de mellora enerxética definidas no artigo 2 das bases reguladoras.

b) A realización dos diagnósticos/auditorías e do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos, obra civil, soportes e proteccións, tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.

Prazo presentación solicitudes: desde o día 25 de xaneiro de 2023 ata o 29 de xuño de 2023. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do INEGA.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0474-201222-0009_gl.html


No hay comentarios: