martes, 24 de enero de 2023

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Orde do 9 de xaneiro pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código procedemento TR341D)

Persoas Beneficiarias: persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, que cumpran as seguintes condicións:

 -      Estar inscritas como demandantes de emprego no momento da alta en vida laboral como persoas autónomas.

-      Ter iniciada a actividade .

-      Estar de alta no imposto de actividades económicas.

-      Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

-      Ter domicilio fiscal en Galicia.


Importe:

-      2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

-      4.000 € para persoas desempregadas incluídas en algúns dos seguintes colectivos:

·         Menores de 30 anos.

·         Desempregadas de longa duración.

·         Desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.

·         Desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

·         Maiores de 55 anos.

-      A contía base incrementarase nun 25% (incrementos acumulables; contía máxima posible de 10.000 €):

·         Se a persoa incorporada é unha muller.

·         O centro de traballo (ou o domicilio fiscal) estea situado nun concello rural.

·         Persoas maiores de 45 anos (non aplicable no caso de maiores de 55).

·         Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira.

·         Persoas trans.

·         Profesións ou oficios en que a muller estea subrepresentada.

Prazo presentación solicitudes: desde o día 25 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023, ou ata o esgotamento do crédito. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0008_gl.html

 

No hay comentarios: