O AGADER a través do DOG publicará o
30 de xaneiro de 2023 unha nova convocatoria de axudas dirixida á
“Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que
desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4
“Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia
2014-2020.
A liña de axudas principal está destinada exclusivamente á modernización de empresas existentes, mediante a adquisición de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.
A concesión de axudas
será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán
ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.
Beneficiarios:
1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
3. Titulares e/ou
membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que
diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que
desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
Proxectos Subvencionables:
Os
proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 10.000 € e
inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da
artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en
5.000 € e 100.000 € respectivamente.
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b)
Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o
produto final do proceso de transformación e/ou comercialización
derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de
Funcionamento
da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de
actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior
a 60.000 €.
c) Prestación
de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de
servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos
enerxéticos
d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral,
será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á
actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da
actividade produtiva da empresa.
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables
Para calquera dúbida os promotores poden porse en contacto con nós a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547369 - 981547382 - 981542690
No hay comentarios:
Publicar un comentario