RESOLUCIÓN do 21 de novembro de
2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de
concorrencia non competitiva, das axudas
para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a
súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT402A).
Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva,
para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de
conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de
Galicia e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia;
concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución:
-
Actuacións de restauración e/ou revestimento de
elementos de fachada.
-
Remate, renovación e/ou substitución do
acabamento exterior de cubertas.
-
Recuperación, restauración e/ou revestimento de
muros de peche de terreos.
Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do investimento
subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 €.
Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de xaneiro ata o 17 de febreiro
de 2023, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida
de entrada das solicitudes. Considérase data de presentación aquela en que a
solicitude quedase validamente presentada, por cubrirse na forma correcta e vir
acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución.
Máis información:
contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no
seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0192-121222-0003_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario