martes, 17 de enero de 2023

AXUDAS RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas a continuación por outros novos da mesma tipoloxía e coa etiqueta de clasificación establecida na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento (UE) 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello). No caso das placas, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total (placas que teñan soamente tecnoloxía de indución, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado:

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

Lavalouzas A, B ou C

Placas de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

Prazo presentación de solicitudes:

Para que as entidades interesadas se adhiran: ata o 30 de xuño de 2023.

Para presentar as solicitudes os compradores: do 8  de febreiro ao 30 de setembro de 2023 ou ata o esgotamento dos fondos.

Pode consultar a normativa pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0474-131222-0002_gl.html

No hay comentarios: