¿QUEN PODE SOLICITAR?
-
Posuír a nacionalidade española, ou ter a
residencia legal en España.
-
Ter menos de 35 anos, incluida a idade de 35
anos, no momento de solicitar a axuda ou no momento da suscripción do contrato
ou escritura de compravenda, si é anterior ao 07/02/2023 (data de publicación
desta convocatoria).
-
Que os ingresos anuais das pesoas que compoñen a
unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM, catro
ou cinco vences o IPREM si existen
persoas discapacidadas na unidade de convivencia e segundo o estipulado na orde
da convocatoria.
-
Ter subscrito ( a partir do 15 de novembro do 2022)
ou estar en condicións de subscribir un contrato de adquisición dunha vivenda
(como máximo a 30 de novembro de 2023), sempre e cando:
1.
O prezo de adquisición da vivenda sexa igual ou
inferior a 120.000 eruos.
2.
Que se trate dunha vivenda construida (nova ou
usada)
3.
Que a vivenda esté situada nun concello de
Galicia con menos de 10.000 habitantes.
-
Que as persoas integrantes da unidade de
convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentar a
solicitude si a adquisición foi anterior a convocatoria destas axudas.
-
Atoparse ao día nas obrigas tributarias estatais
e autonómicas, coa seguridade social.
-
Non estar incurso nalgunha das circunstancias
previstas da lei para poder ser beneficiarios de subvencións.
-
Que nin a persoa solicitante nin calquera das
persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufructuarias
dalgunha vivenda, salvo en determinadas excepcións marcadas na orde.
-
No suposto de adquisión por máis dunha persoa,
cada un dos propietarios deberá cumplir os requisitos anteriores para poder ser
beneficiarios da axuda, e cada unha delas deberá presentar unha solicitude.
-
Poden volver a solicitar as persoas que
presentaran solicitude de subvención en 2022, ao abeiro da Resolución do 1 de
agosto de 2022, e que lles fose denegada por falta de crédito.
CONTÍA DAS AXUDAS: ata 10.800 euros por vivenda co límite do 20% do
precio da vivenda sin incluir outros gastos ou impostos relacionados coa
adquisición. Cando a adquisición da propiedade se realiza por máis dunha
persoa, poderán ser beneficiarios tódolos compradores pola parte proporcional,
sempre que cumpran coas condicións estipuladas nesta orde.
OBRIGAS:
-
Compromiso de que a vivenda vai constituír a
residencia habitual e permanente por un prazo de polo menos, cinco anos,
contados desde a data de formalización da escritura pública de compravenda.
-
Compromiso de ocupar a vivenda no prazo máximo
de tres meses, contados desde a súa adquisición.
PRAZO SOLICITUDE: Ata o 31
de outubro do 2023, ou ata o esgotamento
de crédito si este se producise antes de finalización do prazo de solicitude.
Máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230207/AnuncioC3Q2-160123-0004_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario