Obxecto: convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos.
Código de procedemento ED534A.
Requisitos: ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023; non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos; e non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23.
Modalidades: a proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
Prazo de solicitude: entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.
* Poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.
Data e lugar da proba: día 28 de abril de 2023 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Para máis información https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230214/AnuncioG0655-030223-0002_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario