viernes, 3 de febrero de 2023

AXUDAS A PERSAOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS PARA CONTRATACIÓN E FORMACIÓN


PROGRAMA AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS 2023 (DOG 03/02/2023)

 

ORDE do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349F).

 · PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito (resolven segundo a orde determinada en función da data de presentación da documentación completa).

 

· OBXETO: favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecementos de pequenas unidades produtivas, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.

 

· AXUDAS: o programa recolle dous tipos de axudas, compatibles entre sí:

-   Bono de contratación: subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

-      Bono de formación (opcional): subvención para levar a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orden, para melloras os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

 

· BENEFICIARIOS: As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

 

· SOLICITUDE:

-      Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Deberán presentarse ante a xefatura territorial onde a persoa solicitante teña o domicilio fiscal.

-      No caso de presentarse a solicitude de xeito presencial será requirida para a emenda; considerarase como data de presentación aquela na que se realiza dita emenda.

-      O prazo iníciase o 04/02/2023 e remata o 29/09/2023.


Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog   ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.


No hay comentarios: