jueves, 9 de febrero de 2023

Ofertas de emprego: dous peóns de mantemento de zonas naturais, un peón de servizos múltiples e un auxiliar de información turística. Programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo de hoxe día 09/02/2023 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS,  dun/dunha PEÓN SERVIZOS MÚLTIPLES e dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 10 de febreiro de 2023 ata o día 20 de febreiro de 2023 (por ser inhábil o décimo día do prazo).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: