lunes, 13 de febrero de 2023

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS

Obxecto: convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos.

Código de procedemento ED540A.

Requisitos: ter feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba; non ter o título de graduado en educación secundaria; non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica.

* O alumnado matriculado durante o curso 2022/23 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse sempre que solicite a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre; se teñen ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria.

Prazo de solicitude:

– Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

Datas das probas:

- 19 de maio de 2023.

- 1 de setembro de 2023.

 Para máis información https://www.xunta.gal/dog

No hay comentarios: