No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), poden verse as resolucións da alcaldia polas que se aproban as listas de admitidos e excluídos provisionais para a para a selección de: DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, UN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES E UN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Recordámoslles que as probas de selección terán lugar todas elas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, 23, nas datas e horas que a continuación se indican :
- Para o posto de auxiliar de información turística, o día 7 de marzo de 2023, ás 10:00 horas.
- Para o posto de peón de servizos múltiples o día 6 de marzo de 2023, ás 10:00 horas.
- Para os dous peóns de mantemento de zonas naturais será ese mesmo día 6 de marzo de 2023, ás 11:00 horas.
Segundo se establece na resolución os excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 24 e 27 de febreiro para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario