viernes, 17 de febrero de 2023

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (30 h./semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (30h./semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo de 2023 e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza o día 20 de febreiro de 2023 e remata o día 01 de marzo de 2023. As probas de selección realizaranse o día 2 de marzo de 2023, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

No hay comentarios: