viernes, 19 de enero de 2024

Axudas a empresas para contratación e formación

 Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR342C).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas en situación o riesgo de exclusión social

A liña de incentivos á contratación por conta allea que inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 26 de xaneiro de 2024 e rematará o 29 de setembro de 2024.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240119/AnuncioG0656-030124-0006_gl.html

No hay comentarios: