lunes, 22 de enero de 2024

Axudas para investimentos para persoas autónomas. Programa do bono autónomo

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (TR341Q). Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOGA DO 22 DE XANEIRO DE 2024

Persoas Beneficiarias:

-      Persoas autónomas de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con domicilio fiscal en Galicia, e antigüedade ininterrumpida no mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual inferior a 50.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, todo isto declarado no ano 2022.

-      Sociedades de calquera clase e comunidades de bens que teñan unha persoa autónoma societaria con antigüedade ininterrumpida na actividade superior a 42 meses e que non fose beneficiaria dita sociedade de ningunha axuda nalgunha das cinco últimas convocatorias, cuxa empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) na declaración do ano 2022, e cuxa base impoñible no imposto de sociedades referida ao ano 2022 sexa inferior a 50.000 euros.

 Excluídos:

-      As persoas ou sociedades que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas nalgunha das cinco últimas convocatorias (2019 a 2023 ambas inclusive).

-      As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas e que non teñen a condición de traballadores por conta allea.

-      As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nun porcentaxe superior ao 25% das suas participacións ou do 33% do capital.

Importe: 60% do custo das actividades subvencionables, cun límite máximo de 7.000 euros.

 Os investimentos subvencionables son:

-      Compra de maquinaria

-      Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

-      Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

-      Compra de utensilios e ferramentas.

-      Reforma do local de negocio.

-      Equipamento informático.

-      Equipamento de oficina e/ou negocio.

-      Rótulos

-      Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.

-      Deseño de marca.


Serán subvencionables os gastos realizados dede o 1 de xaneiro de 2024 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas emitidas no período subvencionable e documentos bancarios acreditativos do pago.

Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público.

 A persoa beneficiaria deberá xustificar a aplicación dos fondos mediante a presentación das facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, onde se indentifiquen de xeito claro as características e o custo do investimento. As facturas que se presenten deberán ser por importe mínimo de 100 euros (IVE excluído), e no caso de reforma de locais, deberasé aportar unha foto de antes e outra de despois da realización das obras.

Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 29/01/2024 e finaliza o 30 de setembro de 2024 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos e a orde de resolución é por orde de entrada con expediente completo.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0006_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q&ano=2024&numpub=1&lang=gl



 


No hay comentarios: