Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2024 (código procedemento TR341D)
Persoas Beneficiarias: persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, que cumpran as seguintes condicións:
-
Ter iniciada a actividade con anterioridade a
presentación da solicitude de subvención, o non haber estado de alta como
autónomo nos tres anos anteriores a publicación desta convocatoria.
-
Estar de alta no
imposto de actividades económicas.
-
Desenvolver a súa
actividade empresarial ou profesional en Galicia.
-
Ter domicilio fiscal
en Galicia.
-
No caso liña 2: ser
beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 da Lei
20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo
Hai dous tipos de axuda:
1.- Liña 1: axuda para o inicio da actividade e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma:
-
2.000 € para persoas
desempregadas en xeral.
-
4.000 € para persoas
desempregadas incluídas en algúns dos seguintes colectivos:
·
Menores de 30 anos.
·
Desempregadas de longa
duración.
·
Desempregadas con
discapacidade ou en situación de dependencia.
·
Desempregadas en
situación ou risco de exclusión social.
·
Emigrantes retornados.
·
Persoas que teñan a
condición de extranxeiras.
·
Maiores de 52 anos.
-
A contía base
incrementarase nun 15% (incrementos acumulables; contía máxima posible de 7.000
€):
·
Se a persoa
incorporada é unha muller.
·
O centro de traballo
(ou o domicilio fiscal) estea situado nun concello rural.
·
Persoas maiores de 45
anos (non aplicable no caso de maiores de 52).
·
Se a persoa
incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira.
·
Persoas trans.
·
Profesións ou oficios
en que a muller estea subrepresentada.
2.- Liña 2: axuda para sufragar os gastos de mantemento da actividade,
equivalente a 12 meses da cota reducida
regulada no apartado 1 do artigo 38 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto
do traballo autónomo.
Prazo presentación solicitudes: desde o día 16 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Destacar:
-
Obriga de manter a
alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de vinte e catro meses,
salvo cesamento por causas alleas á súa vontade acreditados fidedignamente.
-
Obriga de manter
durante o período dun ano a forma xurídica elixida pola cales se lles concederon
as subvencións.
Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240109/AnuncioG0656-291223-0004_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario