miércoles, 17 de enero de 2024

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024 (código de procedemento TU503A).

Obxecto: axudas para a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) Os restaurantes incluídos no Grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, debidamente inscritos e clasificados no REAT.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2024. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

- Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

- Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade,

- Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

- Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

- Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.

- Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

- Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.

- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

 O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase á persoa solicitante para que reaxuste o proxecto que se vai executar ao citado límite.

Enténdese por investimento neto o importe orzamentado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido.

Se a actuación o require, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou, se é o caso, certificado do concello de non precisar a dita licenza. A dita documentación deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.

PRAZO SOLICITUDE: do 18/01/2024 ao 19/02/2024

MÁIS INFORMACIÓN: 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A&ano=2024&numpub=1&lang=gl

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240117/AnuncioG0256-100124-0001_gl.html


No hay comentarios: