RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases
reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de
impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a súa
convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT402A). DOG do 15 de
xaneiro de 2024.
Persoas beneficias: as persoas físicas titulares dun inmoble
ou ben sobre o que se pretende realizar algunha das actuacións subvencionables.
A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben
en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a plena
dispoñibilidade destes, como mínimo durante o período en que se manteñen as
obrigas que asume o beneficiario da axuda (mínimo cinco anos cando se trate de
bens inscritibles nun rexistro público; e, non inferior a dous anos para o
resto de bens).
O requisito anterior deberá estar cumprido antes do remate do prazo de
presentación de solicitudes e acreditarase mediante a sinatura de declaración
responsable de propiedade e plena dispoñibilidade (anexo I). No caso de
copropiedades, na fase de xustificación, achegarase autorización de todos os
copropietarios relativa á realización da actuación para a cal se solicita a
axuda.
As actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación
previa ou a correspondente licenza municipal (sen prexuízo dos restantes informes
ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos). Esto
acreditarase na fase de xustificación, sin prexuizo de declaración responsable
na fase de solicitude.
Obxecto: Subvencións,
en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de
corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores
paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e criterios que
expresan as directrices da paisaxe de Galicia; concretamente, as relacionadas
no artigo segundo da resolución:
- * Actuacións
de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
- * Remate,
renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.
- * Recuperación,
restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
Os gastos subvencionables serán aqueles que de xeito indubidable
respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente
realizados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; están
recollidos no artigo cuarto apartado 2 da resolución.
- Gastos
necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas (materias e
man de obra).
- Gastos
de honorarios derivados da redacción de proxectos técnicos, dirección
facultativa das obras e custos dos estudos necesarios para a súa realización
(non poden superar o 10% do investimento subvencionable).
- Os
tributos que sexan aboados efectivamente pola persoa beneficiaria; nunca os
impostos indirectos susceptibles de recuperación ou compensación, nin os
impostos persoais sobre a renda.
NON son subvencionables: os gastos correntes de funcionamento; equipamento e materiais non funxibles de segunda man; actuacións de mantemento que se realicen periodicamente; gastos de xuros debedores en contas bancarias, os xuros, as recargas e as sancións administrativas e penais, nin os gastos dos procedementos xudiciais.
Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento
do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 € por solicitante
e ben.
Prazo de presentación de
solicitudes: dun mes a
contar desde o día seguinte ao da publicación no DOG da convocatoria, ou ata o
esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das
solicitudes. Considérase data de presentación aquela en que a solicitude
quedase validamente presentada, por cubrirse na forma correcta e vir acompañada
da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución.
Só se pode presentar unha solicitude por persoa ou ben; pero cada
solicitude pode conter varias actuacións.
É obrigatoria a presentación por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240115/AnuncioG0192-131223-0001_es.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario