Resolución
do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de
concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras
que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a
anualidade 2024 (códigos de procedemento IN414B e IN414C). DOG 12/01/2024
O
prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras
comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da
presente resolución e rematará o 30 de xuño de 2024 e para solicitar a súa
adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de
adhesión (anexo II).
O
prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 8 de febreiro de 2024
ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de
2024 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e
confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240112/AnuncioG0474-221223-0002_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario