No DOG do 11 de xaneiro de 2024, publícase a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2024.
REQUISITOS:
- Ser maior de dezaoito anos ou facer esa idade no ano 2024.
- Non ter o título de graduado en educación secundaria ou calquer outro título declarado equivalente a efectos académicos.
- Non estar nin ter estado matriculado no curso 2023/24 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se cumpre unha serie de requisitos (consultar).
SOLICITUDE: Anexo I, que se presentará en papel nos centros educativos sinalados nesta orde (os máis pretos do Vicedo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n 27003 Lugo; EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requesens, s/n 15406 Ferrol)
DOCUMENTACIÓN:
- Certificado de discapacidade se é o caso.
- Certificación académica das materias superadas se é o caso.
- Se se solicita a exención en Lengua Galega, acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país extranxeiro.
PRAZO matrícula:
- Convocatoria de abril: 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de xuño: 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
Realización das probas: o día 12 de abril de 2024 para a primeira convocatoria e o 7 de xuño de 2024 para a segunda convocatoria.
Máis información pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario