lunes, 22 de enero de 2024

Programa Nova oportunidade, para persoas que fosen autónomos/-as e queiran volver a emprender

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR790A).

Persoas beneficiarias e requisitos

Serán beneficiarias destas axudas persoas autónomas que queiren volver emprender de novo:

1. Persoas que teñan sido autónomas con anterioridade e que queren volver emprender:

Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024.

b) Ter a última alta en RETA antes desta nova, dentro dos tres últimos anos desde a data de publicación desta orde.

b) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

c) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.

d) Transcorrer un período mínimo de seis meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

e) Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

f) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

 

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.

 

3. Quedan excluídas das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda (TR790A), así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.

Prazo de presentación de solicitudes: iníciase o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 31 de outubro de 2024.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0008_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR790A&ano=2024&numpub=1&lang=es


No hay comentarios: